Por que asociarte a Naturigal?
Coñecerás xente afín
Coñecerás a outras persoas que comparten a túa forma de vivir o nudismo con naturalidade.
Terás o teu carné
Ao obter o teu carné estarás a fomentar o nudismo asociativo en Galicia.
Poderás opinar e votar
Poderás participar nas asembleas xerais da nosa asociación con voz e voto.
Poderás acceder a establecementos e actividades exclusivos
Co teu carné de FEN-FNI poderás acceder a lugares de vacacións, actividades organizadas por calquera asociación e asistir a eventos organizados pola FNI con prezos subvencionados.
Contribuirás a protexer e fomentar o nudismo
Contribuirás a protexer o nudismo.
Poderás participar en todas nosas actividaes.
Poderás participar nas actividades que organizamos desde Naturigal, nas doutras asociacións e nas que organiza a FNI.
Canto costa?
- Unha cota de inscrición de 10 € no momento de darte de alta.
- Unha cota anual que se cobra ao comezo natural do ano, entre xaneiro e febreiro. Inclúe o selo da FEN-FNI do ano.
- Socio ou socia individual: 20 €/ano
- Socio ou socia parella 2ª persona 15 €/ano
- Socio familiar 3ª persoa: 10€/año
- Socio familiar 4ª persoa: 5 €/ano
- Socios menores de 18 anos: 0 €
Socios familiares deben ser conviventes maiores de 18 anos.
E se me asocio despois de xaneiro ou febreiro?
Depende do mes no que te deas de alta. Por exemplo:
- Alta en setembro: pagarías 10€ de alta de inscrición, e a cota de socio en xaneiro.
- Alta antes do verán: tentarase conseguir selo
- Se se consegue o selo pagarías 10 € de inscrición e a cota anual.
- Se non se consegue selo, podes elixir: pagar a cota de inscrición para participar nas actividades que organicemos durante ese ano, ou pasar a ser socio a partir de xaneiro do seguinte.