Os nosos fins
Os fins da asociación naturista Naturigal
Creación dun espazo de encontro naturista en Galicia
para a promoción, a defensa e o desenvolvemento do naturismo, entendido por unha forma de vida en harmonía coa natureza. Caracterizada pola practíca do espido en común, coa finalidade de favorecer o respecto a un mesmo, aos demais e ao medio ambiente
Desenvolver programas e actividades
educativas, culturais, deportivas, informativas e de lecer, que promovan o desenvolvemento e normalización do naturismo e os seus valores.
Normalización e eliminación de tabús
sobre a ética nudista en Galicia, así como impulsar un cambio de actitude da sociedade cara ao espido, promovendo que o espido se considere un estado natural do ser humano, alleo ao ámbito sexual, publicitario ou reivindicativo.
Promoción do asociacionismo nudista
ademais de fomentar e manter relacións con outras asociacións e colectivos para o logro de obxectivos comúns.
Protección dos dereitos das persoas asociadas
na práctica do naturismo.
Procurar o cumprimento do Código de Ética e de Convivencia
dos seus membros, a cuxo efecto se seguirán as normas da Federación Naturista Internacional, e que se derivan da propia definición de Nudismo Naturista.
Preservar a práctica do naturismo
nas zonas de tradición nudista e promover a creación de espazos públicos e privados para o seu uso.
