Situada dentro do Parque Natural das Lagoas de Carregal e Vixan (tamén coñecido popularmente coma o Parque Natural do Vilar), situado no Concello de Ribeira (provincia de A Coruña). É un inmenso areal que dende a desembocadura da lagoa de Vixán ata as Pedras da Ferreira (desenbocadura da lagoa de Carregal) suma tres quilómetros e medio de orillamar só interrumpidos polo Rio de Mar (desembocadura da lagoa de Carregal) e que separa da Praia da Ladeira (xa en Corrubedo), podendo cruzalo ca baixamar e alongar o paseo máis de 5 quilómetros.
A zona nudista sitúase na cara mais ao Norte da da praia (mirando ao mar, á man dereita) a partires das Pedras das Martiñas, ainda que é habitual atopar xente espida xa antes desas rochas sobre todo cando sopla o vento do norte. Ata esa zona chega a última das pasarelas de madeira cun cómodo acceso dende o CIELGA (Centro de Interpretación do Parque, tamén chamado Casa da Costa) no que se dispón dun pequeno estacionamento (pero hai que retirar os veículos ás 20.00 h).
Dende as Pedras Martiñas ata as Pedras da Ferreira exténdese toda a zona nudista (2 quilómetros de praia), ainda que na zona máis preto do Río de Mar da contigua Praia da Ladeira tamén é frecuentada por nudistas.
A Praia do Vilar conta con ámplio aparcadoiro (pero quédase pequeno en moitas ocasións, tendo que estacionar na estrada), servicios de socorrista (teñen o límite de vixianza nas Pedras Martiñas, polo que a zona nudista non está vixiada), duchas no propio aparcamento, chiringuito con comidas, e un fácil acceso dende a autoestrada do Barbanza (AG-11).
Como punto a destacar, resaltar que é unha praia de mar aberto, na que hai que estar pendiente dos avisos do servicio de socorrismo (cor da bandeira) que xa se deron casos de episodios tráxicos. Tamén que cando sopla o vento do norte ou do oeste lle afecta bastante (co nordés, está moi abrigada).
Cada ano está acadando maior popularidade entre a comunidade nudista, percibíndose un incremento respeto a tempadas anteriores, quizais debido á saturación doutras praias máis populares e á boa conexión da praia cunha vía de alta capacidade.





